
Dende a Asociación de Entrenadores AFIADOR vimos defendendo unha idea clara: todos os adestradores/as deben ter os mesmos dereitos e oportunidades, independentemente de que a súa formación sexa federativa ou académica. Nin debe existir pugna, nin duplicidades, nin modelos que resten valor ao esforzo de quen se forma. Outro debate diferente é a esixencia dunha ou doutra vía según o Centro autorizado.
✅ Primeiro paso: o recoñecemento académico → federativo
No ano 2025, produciuse un avance importante e histórico. A Real Federación Española de Fútbol modificou o artigo 167 bis do seu Regulamento Xeral, permitindo que quen posúa titulacións académicas poida acceder á malla formativa federativa a través do ROC (Recoñecemento de Competencias).
📌 Esta modificación foi ratificada pola Comisión Directiva do Consello Superior de Deportes o 24 de abril de 2025, inscribíndose no Rexistro Estatal de Entidades Deportivas co número 1262, o que consolida oficialmente o seu valor regulatorio e xurídico.
Isto significa que:
✅ As titulacións académicas xa poden ter efectos federativos
✅ A federación recoñece competencias e contidos formativos oficiais
✅ Ábrese un camiño real de converxencia entre ambos sistemas a través do RoC.
Afiador ofrece asesoramento legal a aqueles adestradores con titulación académica que encontren obstáculos no proceso de recoñecemento de competencias -RoC- para covalidar o seu título.
✅ Agora toca o paso contrario: federativo → académico
Se a vía académica xa pode integrarse na vía federativa, é lóxico e xusto que o sistema funcione en dobre sentido. Por iso, AFIADOR ademáis de apoiar e pedir tamén formalmente o paso anterior, solicita agora que as titulacións federativas teñan tamén efectos académicos, permitindo:
• convalidacións reais
• recoñecemento profesional
• acceso a itinerarios educativos oficiais
• igualdade entre profesionais formados en distintos ámbitos
Non se trata de privilexios, senón de xustiza e coherencia: somos todos adestradores, formados baixo estándares e avaliacións oficiais.
✅ Accións realizadas por AFIADOR
• Presentamos escrito, por rexistro ante o CSD, o 29 de xullo de 2025 solicitando o recoñecemento académico das titulacións federativas
• Non obtivemos resposta dentro do prazo legal
• Por iso, acabamos de presentar recurso de alzada
Desexamos unha resposta positiva, de non obtela iniciaremos o proceso xudicial na vía contencioso-administrativa para defender un dereito que xa é recoñecido noutros ámbitos e deportes e que a algunha remesa de adestradores sí lle foi habilitado. Esta reclamación xeral vai a nome da Asociación e benefiará, en caso de conquerirse, a todos os afectados. Non obstante, pomos os nosos servizos xurídicos ao dispor daqueles socios que tamén queiran plantexar esta reclamación, de xeito individual.
✅ O noso obxectivo
• Un modelo único
• Un sistema formativo homologado
• Igualdade entre adestradores
• Que a formación se valore, sen importar onde se obtivo eso sí, con un maior control aos Centro que poidan non cumplir co Plan formativo.
AFIADOR seguirá defendendo un futuro común para tódolos adestradores. Porque o fútbol é un só, e a fermosa labor de dirixir a un equipo tamén.
Se es adestrador. Faite socio cumprimentando o seguinte formulario: https://afiador.gal/informate-e-asociate/
Dignificamos a profesion
Loitamos polos teus dereitos
