Con Rubén Domínguez, psicólogo deportivo no Real Club Celta.
Luns 26/01/2026
20:30 h
Salón de actos da RFGF – O Couto

Nesta ocasión queremos que marquedes o contido a tratar mediante situacións e casos prácticos.

Exemplos para abordar (con ferramentas e pautas para o traballo do adestrador):

Influencia dos pais que dan consignas e correccións durante os partidos: como xestionar a comunicación e marcar límites

Influencia das redes sociais no aspecto emocional: como acompañar e previr ansiedade/comparacións

Presión por render, medo a errar, nervos antes de competir: rutinas e estratexias de regulación emocional

Frustración, enfados e como xestionalos: recursos prácticos para reconducir situacións

Xestión da suplencia, roles no equipo e motivación: claves para manter compromiso e cohesión

Os socios de Afiador, tan só terán que comunicar a súa participación a través do grupo de WhatsApp e o resto de persoas interesadas farano por mail ou a través do número de teléfono 665654472.
