O vindeiro luns, día 24 de xuño de 2024, Afiador pecha unha tempada chea de actividaddes.
Misa: ás 19:00 horas celebrarase unha misa en memoria dos adestradores que nos deixaron no último ano. Será na igrexa de San Bernabé, na Valenzá.
Charla: dende as 20:30 horas teremos con nós a dous colexiados ourensáns de primeiro nivel, Abraham Pérez Dapía e Josiño Rodríguez. Será na Casa da Mocidade, temén na Valenzá.
Cea e gala: a partir das 22:15 no restaurante O Muiñeiro nas Lamas, Barbadás, celebraremos a cea de fin de temporada ca entrega de recoñecementos.
Como socio, poñente ou colabodor durante o presente curso, recibes este convite. Será para nós un pracer que poidas acompañarnos e desfrutar dun gran ambiente de fútbol. Para unha mellor organización do evento, precisamos que confirmes a túa presenza na cea, que se levará a cabo no restaurante o Muiñeiro, nas Lamas, a partir das 22:15 horas. Pedimos que nos fagas a notificación antes do día 21 de xuño, ás 12:00 horas. En caso de non confirmar entendemos que non podes acudir.