Despedimos a tempada recordando ós que nos deixaron e recoñecendo a labor daqueles compañeiros que completaron un curso exitoso

O 24 de xuño, Afiador porá o broche final a unha tempada na que técnicos de primeiro nivel nos acompañaron e compartiron con nós a súa experiencia.

Nesta ocasión Barbadás será o centro de operacións e tanto misa, charla final, cea e gala celebraranse na Valenzá o día 24, luns.

Misa: a partir das 19:00 horas na capela de San Bernabé, na Valenzá.

Charla: a partir das 20:30 horas na casa da Mocidade, en Barbadás.

Cea: dende as 22:15 no restaurante Muiñeiro, nas Lamas, Barbadás.

A participación na gala é con invitación e confirmación de asistencia, antes do día 21 de xuño.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *