Tras o visto e prace da Xunta Directiva da Asociación Ourensá de Adestradores de Fútbol (AFIADOR), procédese a dar publicidade á relación provisional de persoas que serán distinguidas na Gala de Fin de Tempada de AFIADOR, prevista para o vindeiro día 9 de xuño de 2026, ás 20:30 horas, no Restaurante O Muiñeiro.
Aquelas persoas asociadas que se atopen ao corrente de pagamento da cota da asociación e que participasen na consecución de ascensos en fútbol 11 ou nun título da Copa durante a tempada 2025-2026 e non figuren nesta relación provisional, deberán remitir unha comunicación por este mesmo medio antes das 18:00 horas de mañá mércores, co fin de proceder á comprobación e verificación dos datos e, se procede, á súa incorporación á relación definitiva de persoas distinguidas.
En base ao acordado pola Xunta Directiva e seguindo o criterio aplicado nas últimas edicións, os recoñecementos da presente tempada outorgaranse ás persoas asociadas que se atopen ao corrente cas súas obrigas coa Asociación e que cumpran algún dos seguintes requisitos:
- Ser adestrador/a principal ou membro do corpo técnico dun equipo que acadase un ascenso de categoría en competicións de fútbol once.
- Ser adestrador/a principal ou membro do corpo técnico dun equipo que acadase un campionato de liga en categorías de fútbol once.
- Ser adestrador/a principal ou membro do corpo técnico dun equipo que resultase campión da Copa Deputación en calquera das categorías.
Así mesmo, infórmase de que aqueles adestradores e adestradoras de equipos que actualmente se atopen disputando fases de ascenso e que acaden o correspondente éxito deportivo serán distinguidos na Gala de Fin de Tempada de AFIADOR do vindeiro ano, ao terse adiantado a celebración da presente edición por motivos de axenda da convidada especial do acto.
ADESTRADORES ASOCIADOS QUE SERÁN DISTINGUIDOS
🏆 CAMPIÓN DA SUPERLIGA TURCA
GALATASARAY SK
- Ismael García Gómez
🏆 ASCENSO A PRIMEIRA FEDERACIÓN
UD OURENSE
- Borja Fernández Fernández
- Héctor Otero Rodríguez
- Juan Carballo Suárez
- David Sotelo López
- David González Muñoz
🏆 CAMPIÓNS DA COPA FEDERACIÓN
OURENSE CF
- Dani Llácer Fernández
- Edgar Ponce Mairena
- José Alberto Caveda González
- Daniel Portela Iglesias
- José Manuel Rodríguez Morgade
- Roberto Álvarez Méndez
🏆 ASCENSO A PREFERENTE GALICIA
VERÍN FÚTBOL CLUB
- Vítor Manuel Ferreira Pereira
🏆 ASCENSO Á PRIMEIRA GALICIA
RAYO 21
- Miguel Saa Souto
🏆 ASCENSO Á PRIMEIRA GALICIA
ATLÉTICO VILARIÑO
- Héctor Conde González
🏆 ASCENSO Á SEGUNDA GALICIA
SPORTING VILAMARÍN
- Marcos Alén Goris
🏆 ASCENSO Á SEGUNDA GALICIA
SPORTING CELANOVA B
- Pablo Rodríguez Fernández
XUVENIL
🏆 ASCENSO Á LIGA NACIONAL XUVENIL
CENTED ACADEMY
- Daniel Prado Gardón
🏆 ASCENSO Á PRIMEIRA XUVENIL
AD BOSCO
- Elías Fernández Cuña
CADETE
🏆 ASCENSO Á DIVISIÓN DE HONRA CADETE
UD OURENSE
- Daniel Carrera López
- David Vázquez Diéguez
🏆 ASCENSO Á PRIMEIRA CADETE
A PEROXA CF
- Miguel Ángel Montero Rodríguez
INFANTIL
🏆 ASCENSO Á DIVISIÓN DE HONRA INFANTIL
UD OURENSE
- Fernando Currás Gallego
🏆 ASCENSO Á PRIMEIRA INFANTIL
CENTED ACADEMY
- Rafael Torres Fernández
COPAS DEPUTACIÓN
🏆SÉNIOR
CENTED ACADEMY
- Daniel Prado Gardón
🏆 CADETE
CENTED ACADEMY
- Diego Torres Fernández
🏆 ALEVÍN
PABELLÓN CF
- Enrique Javier Serantes Álvarez
- Luís Miguel Álvarez Araújo
🏆 SEGUNDA ALEVÍN
PROMESAS BARBADÁS B
- David Ramos Vázquez
🏆 PRIMEIRA BENXAMÍN
PABELLÓN CF
- Abel Afonso Cao
- Marcial González López
🏆 SEGUNDA BENXAMÍN
ACD POLÍGONO
- Juan Suárez Acosta
🏆 PREBENXAMÍN
ED BARBADÁS
- Pablo Campelo García
FÚTBOL FEMININO
🏆CAMPIÓN LIGA FRANCESA FEMININA
OLYMPIQUE LYONNAIS
- Andrés González Gómez
🏆 ASCENSO Á SEGUNDA FEMININA
CENTED ACADEMY
- Manuel J. López-Cerón Piñeiro
🏆 COPA ALEVÍN FEMININA
CLUB DEPORTIVO LA PURÍSIMA
- David Valcárcel Valcárcel
FÚTBOL SALA
🏆 XUVENIL FEMININO – CAMPIONATO GALEGO
CIDADE DE OURENSE
- Vanessa Barberá Martínez
🏆 CAMPIONATO GALEGO SUB-12
SELECCIÓN DE VIGO
- Antonio Perera Cansado
🏆 INSIGNIA DE ORO DE LA ASOCIACIÓN
- José Fernández Otero «Remigio»
Ourense, 2 de xuño de 2026.
A Xunta Directiva de AFIADOR
Asociación Ourensá de Adestradores de Fútbol
