Dani Mallo profundizará sobre a toma de decisións do porteiro de fútbol

A asociación de adestradores Afiador segue coa programación prevista para a presente tempada e para comezar o ano terá coma convidado de honra a Dani Mallo, un dos grandes porteiros que deu de sí a nosa comunidade, especialista no adestramente específico e colaborador xornalístico no eido deportivo.

Nesta ocasión, trocamos a pizarra polo céspede e organizaremos unha ponencia práctica sobre un dos aspectos que máis inflúe no éxito do porteiro de fútbol, como é a toma de decisións no contexto do xogo.

A actividade levarase a cabo o vindeiro luns, día 29 de xaneiro de 2024, a partir das 20:00 horas, no campo dos Carrís.

Se es socio de Afiador, tan só tés que premer no botón habilitado ó efecto dentro do grupo de WhastsApp e senón o es e desexar participar, únicamente debes remitir un mail ao noso enderezo de correo electrónico info@afiador.gal ou unha mensaxe de WhatsApp ó 665654472.

Agardámoste.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *