O Pabellón CF abre as portas a Afiador

O pasado xoves os máximos responsables de Pabellón Club de FútbolFrancisco Doforno, e da Asociación de Adestradores de Ourense AfiadorRoberto González, asinaron un Convenio de Colaboración entre ambas entidades no cal levaban un tempo traballando na súa elaboración.

O obxectivo principal deste acordo como indica o primeiro punto do documento é «establecer o apoio formativo da Asociación de Adestradores Afiador ao técnicos que pertenzan á disciplina do Pabellón Club de Fútbol«.

No Convenio asinado recóllense varios puntos de colaboración mutúa na organización e promoción de diversas actividades para fomentar a formación dos adestradores/as.

A vigencia do Convenio de Colaboración esténdese ata o 31 de decembro deste ano, ampliable de maneira automática de ano en ano se ningunha das dúas partes se opón por escrito antes da finalización do ano en curso.

👩🏻‍🏫 Adestradoras que rompen teito 🗒️

A primeira charla do ano organizada pola Asociación de adestradores e adestradoras de fútbol Afiador celebrarase o vindeiro día 30 de xaneiro, luns, ás 20:30 horas no salón de actos do edificio administrativo da Xunta, na Avenida da Habana. Zulema González, Bea Seijas e Alba Rodríguez serán as poñentes e a moderación correrá a cargo de Luís Martín. A participación está aberta para tódalas persoas vinculadas ao mundo do fútbol e do fútbol sala en Ourense. Senón es socio, debes comunicar a túa asistencia a través do seguinte formulario:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeTD6e42riUfqt5AkIetAVLB-FxXXCYolUKThm80lUu6ZeaVg/viewform