O adestrador do CD Arenteiro, equipo revelación da Primeira RFEF, e o cal se está caracterizando por unha excelente solidez táctica será o seguinte relator da asociación de adestradores Afiador.
Baixo o título «CONSTRUCCIÓN Y DESARROLLO DE UN PROCESO DE MEJORA TÁCTICA», Raúl Jardiel e o seu Corpo Técnico aportarán ós adestradores ourensáns algúns consellos para traballar o aspecto táctico dun equipo de fútbol.
Este interesante encontro terá lugar o vindeiro luns, día 2 de decembro, a partir das 20:30 horas, no salón de actos da Delegación de Ourense -RFGF-, no campo do Couto. A duración será de 75 minutos.
Para participar na mesma soamente é preciso comunicar a participación a través do enderezo mail info@afiador.gal ou do WhatsApp 665654472. Os socios confirmarán a asistencia no grupo de difusión.