Asociación de Adestradores de Fútbol Afiador
Hoxe martes, 9 de xuño de 2026
Restaurante O Muiñeiro (As Lamas, Barbadás)
20:00 h – 20:25 h | Recepción de socios e convidados
Recepción e acreditación dos asistentes nas instalacións do Restaurante O Muiñeiro.
As persoas encargadas do control de accesos disporán de dúas listaxes diferenciadas:
- Listaxe de socios da Asociación de Adestradores Afiador.
- Listaxe de convidados, autoridades e participantes na gala.
Durante este período procederase á comprobación da asistencia, orientación dos participantes e resolución dos posibles incidentes relacionados co acceso ao evento.
Desde a apertura de portas -20:00 horas- e ata o inicio da Gala, manterase música ambiental moderna cun volume moderado e agradable que favoreza a conversa e o encontro entre os asistentes.
Estacionamento de vehículos
O espazo interior do recinto do Restaurante O Muiñeiro estará reservado para o estacionamento de aproximadamente 25 vehículos, destinados ás autoridades, convidados institucionais, poñentes e demais persoas que ocuparán os lugares reservados nas zonas máis próximas ao escenario.
Ademais, habilitarase un espazo adicional de estacionamento nunha finca próxima ao restaurante destinada ao resto de asistentes ao evento.
A Garda Civil e Protección Civil controlarán e organizarán o tráfico nas inmediacións do Restaurante O Muiñeiro, co obxectivo de facilitar a mobilidade dos asistentes e garantir o correcto desenvolvemento do evento.
Así mesmo, o servizo de seguridade propio do evento supervisará o acceso de persoas e vehículos ao recinto e ás zonas habilitadas para o estacionamento.
Recoméndase aos asistentes acudir con antelación suficiente para facilitar o proceso de estacionamento e acceso ao restaurante. A cafetería do restaurante no día de hoxe non prestará servizo, fóra do xa contratado para a Gala. Durante a charla, os asistentes contarán con auga nas mesas, non sendo posible ata a cea solicitar outra consumición para facilitar o bo trancurrir do acto.
Distribución de asistentes
Os asentos situados nas mesas en disposición central e horizontal están reservados para as persoas que intervirán durante a gala, así os convidados vinculados ao desenvolvemento do acto e denominarase Mesa de Ponencia.
20:25 h | Aviso previo aos asistentes
A organización solicitará aos asistentes que vaian ocupando progresivamente os seus lugares co obxectivo de facilitar o inicio puntual do acto.
20:30 h | Chamamento aos asistentes
Solicitarase a todos os asistentes que ocupen os seus lugares co obxectivo de garantir o correcto desenvolvemento do acto e o inicio puntual da programación prevista.
Os asistentes recibirán como detalle de benvida unha pulseira de Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS) ou de Afiador con lema «Cree en min».
20:35 h | Apertura musical
O adestrador Martín Domínguez interpretará unha peza musical de benvida que servirá como apertura oficial da Gala de Fin de Tempada 2025/2026.
20:40 h | Benvida
O moderador do acto, Roberto Carlos Carballo, dará a benvida aos asistentes e realizará unha breve presentación da xornada, agradecendo a presenza de socios, convidados, autoridades e representantes do fútbol galego.
Seguidamente dará a palabra ao alcalde do Concello de Barbadás, quen trasladará a benvida institucional aos asistentes e fará entrega dun detalle de agradecemento a Marián Mouriño pola súa presenza no municipio e pola súa participación na Gala de Fin de Tempada da Asociación de Adestradores Afiador.
A continuación intervirán brevemente:
- Maite Isla, presidenta de Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS), entidade destinataria da recadación solidaria desta Gala de Fin de Tempada.
Recoñecemento aos clubs conveniados con Afiador
Finalizadas as intervencións institucionais, procederase á entrega dunha distinción aos clubs conveniados coa Asociación de Adestradores Afiador, en agradecemento á colaboración prestada ao longo da tempada 2025/2026 e ás facilidades ofrecidas aos socios da entidade.
As distincións serán recollidas por:
- Club Deportivo Arenteiro, recollendo o recoñecemento Manuel Cid. A distinción será entregada por Diego García Sarabia.
- Unión Deportiva Barbadás, recollendo o recoñecemento Pablo Campelo. A distinción será entregada por Toño Dorribo.
- Ourense Club de Fútbol, recollendo o recoñecemento Camilo Díaz. A distinción será entregada por Ángel Novoa.
- Pabellón Fútbol Club, recollendo o recoñecemento Javier Nogueira. A distinción será entregada por Christian Rodríguez.
- Unión Deportiva Ourense, recollendo o recoñecemento Javier Orbán. A distinción será entregada por Manuel Dorado.
Distinción especial
A continuación procederase á entrega dunha distinción especial a D. Julio César Pérez Vázquez, en recoñecemento á súa actuación exemplar e ao seu compromiso cos valores humanos e deportivos.
A Asociación de Adestradores Afiador quere destacar a súa intervención unha vez finalizado o encontro no que participaba como membro do corpo técnico. Nese momento, atopábase presenciando o encontro de Liga Nacional Xuvenil entre o Ourense Club de Fútbol e o Club Deportivo Areosa cando, facendo valer os seus coñecementos e experiencia como enfermeiro de profesión, actuou de maneira decisiva para atender e estabilizar a un xogador que acababa de sufrir un forte impacto contra a valla de protección do terreo de xogo.
A distinción será entregada por Luis Parada.
A continuación procederase á entrega dos recoñecementos aos familiares de Eliseo Movilla e Antonio Diéguez, como mostra de gratitude pola súa colaboración, compromiso e achega ao fútbol e á Asociación de Adestradores Afiador.
Os detalles conmemorativos aos familiares de Eliseo Movilla e Antonio Diéguez serán entregados por Roberto González Rodríguez, presidente da Asociación de Adestradores Afiador.
20:50 h | Presentación da convidada principal
Finalizadas as intervencións institucionais e os recoñecementos iniciais, Teresa Cendón procederá á presentación da convidada principal da gala, Marián Mouriño, presidenta do Real Club Celta.
20:55 h | Encontro con Marián Mouriño
Comezo do encontro protagonizado por Marián Mouriño, ao que se incorporará tamén Marco Garcés, director deportivo do Real Club Celta.
A conversa estará conducida por Roberto Carlos Carballo e abordará diferentes cuestións relacionadas coa actualidade do club, a planificación deportiva, a formación, a xestión de persoas, o liderado e os retos presentes e futuros da entidade.
21:50 h | Recoñecementos especiais
Ao remate do encontro procederase á entrega dos seguintes recoñecementos especiais:
- Figura do Afiador a Marián Mouriño e Marco Garcés, como recoñecemento á súa presenza na Gala de Fin de Tempada e á súa colaboración coa Asociación de Adestradores Afiador. A distinción será entregada por Roberto González Rodríguez, presidente da Asociación de Adestradores Afiador.
- Figura do Afiador a Teresa Cendón, en agradecemento á súa implicación, colaboración e contribución para facer posible un encontro e unha xornada tan especial como a que hoxe se celebra. A distinción será entregada por Roberto González Rodríguez, presidente da Asociación de Adestradores Afiador.
Cada unha das persoas intervinientes realizará un breve saúdo aos asistentes.
21:55 h | Saúdo dos representantes das Institucións que fan posible a Actividade de Afiador
- Gonzalo Pérez Jácome, alcalde do Concello de Ourense
- Manuel Pérez, en representación da Xunta de Galicia.
- Luis Menor, presidente da Deputación Provincial de Ourense.
22:05 h | Inicio da cea
Comezará a cea da Gala de Fin de Tempada.
Durante aproximadamente sesenta minutos os asistentes poderán gozar do menú preparado para a ocasión nun ambiente de convivencia e encontro entre adestradores, autoridades, convidados e representantes do fútbol galego.
Ao longo da cea desenvolverase unha actuación musical distribuída en dúas fases:
- Interpretación de tres pezas musicais ao remate do encontro con Marián Mouriño.
- Interpretación de tres pezas adicionais antes do inicio da entrega de distincións.
22:55 h | Queimada e lectura do conxuro
Antes do inicio das distincións celebrarase a tradicional queimada, acompañada da lectura do correspondente conxuro.
23:00 h | Entrega de distincións
Coincidindo coa sobremesa dará comezo o acto de entrega de distincións da tempada 2025/2026.
Durante este bloque, Marián Mouriño e Marco Garcés participarán na entrega dos recoñecementos e realizaranse fotografías individuais de cada unha das persoas distinguidas.
Campión da Superliga Turca
Galatasaray SK
- Ismael García Gómez
Ascenso a Primeira RFEF
UD Ourense
- Borja Fernández Fernández
- Héctor Otero Rodríguez
- Juan Carballo Suárez -non pode acudir hoxe-
- David Sotelo López
- David González Muñoz
Campións da Copa Federación
Ourense CF
- Dani LLácer Fernández -non pode acudir-
- Edgar Ponce Mairena -non pode acudir-
- José Alberto Caveda González
- Daniel Portela Iglesisas
- José Manuel Rodríguez Morgade
- Roberto Álvarez Méndez
Ascenso a Preferente Galicia
Verín CF
- Vitor Manuel Ferreira Pereira
Ascenso a Primeira Galicia
Rayo 21
- Miguel Saa Souto
Ascenso a Primeira Galicia
Atlético Vilariño
- Héctor Conde González
Sporting Vilamarín
- Marcos Alén Goris
Ascenso a Segunda Galicia
Sporting Celanova B
- Pablo Rodríguez Fernández
Ascenso a Liga Nacional Juvenil y Copa Diputación Sénior
Cented Academy
- Daniel Prado Gardón
- Rubén Alonso Fernández
- David Valderas Domarco -entregado antes de la cena el detalle-
Ascenso a Primeira Xuvenil
AD Bosco
- Elías Fernández Cuña
Ascenso a División de Honra Cadete
UD Ourense
- Daniel Carrera López
- David Vázquez Diéguez
Ascenso a Primeira Cadete
Peroxa CF
- Miguel Ángel Montero Rodríguez
Ascenso a División de Honra Infantil
UD Ourense
- Fernando Currás Gallego
Ascenso a Preferente Infantil
Rayo 21
- Adrián Fernández Novoa
Ascenso a Primeira Infantil
Cented Academy
- Rafael Torres Fernández
COPAS DEPUTACIÓN
CADETE
Cented Academy
- Diego Torres Fernández
PRIMERA ALEVÍN
Pabellón CF
- Enrique Javier Serantes Álvarez
- Luis Miguel Álvarez Araújo
SEGUNDA ALEVÍN
Pabellón CF
- David Ramos Vázquez
PRIMERA BENXAMÍN
Pabellón CF
- Abel Afonso Cao
- Marcial González López
SEGUNDA BENXAMÍN
ACD Polígono
- Juan Suárez Acosta
PREBENXAMÍN
EDC Barbadás
- Pablo Campelo García
CAMPIONATO GALEGO
Selección de Vigo SUB-12
- Antonio Perera Cansado
FÚTBOL FEMININO
CAMPIÓN DA LIGA FRANCESA
Olympique Lyonnais Feminino
- Andrés González Gómez
ASCENSO A SEGUNDA FEMININA
Cented Academy
- Manuel J. López-Cerón Piñeiro
COPA ALEVÍN FEMININA
CD La Purísima
- David Valcárcel Valcárcel
CAMPIONATO GALEGO XUVENIL FEMININO DE FÚTBOL SALA
Cidade de Ourense
- Vanessa Barberá Martínez
Remate da entrega de distincións | Recoñecemento especial
Unha vez finalizada a entrega das distincións procederase á concesión da seguinte distinción:
- Insignia de Ouro de Afiador a José Fernández Otero “Remigio”, que será entregada por Roberto González Rodríguez, presidente da Asociación de Adestradores Afiador.
Clausura
Finalmente, Roberto González Rodríguez, presidente da Asociación de Adestradores Afiador, realizará a intervención de peche e agradecemento, facendo balance da tempada, agradecendo a colaboración de institucións, patrocinadores, entidades colaboradoras, persoas voluntarias e sobre todo dos adestradores.
A continuación Roberto Carlos Carballo declarará oficialmente clausurada a Gala de Fin de Tempada 2025/2026, coincidindo coa celebración do 35 aniversario da Asociación de Adestradores de Fútbol Afiador.
