Relación provisional de persoas distinguidas na Gala de Fin de Tempada AFIADOR 2026

Tras o visto e prace da Xunta Directiva da Asociación Ourensá de Adestradores de Fútbol (AFIADOR), procédese a dar publicidade á relación provisional de persoas que serán distinguidas na Gala de Fin de Tempada de AFIADOR, prevista para o vindeiro día 9 de xuño de 2026, ás 20:30 horas, no Restaurante O Muiñeiro.

Aquelas persoas asociadas que se atopen ao corrente de pagamento da cota da asociación e que participasen na consecución de ascensos en fútbol 11 ou nun título da Copa durante a tempada 2025-2026 e non figuren nesta relación provisional, deberán remitir unha comunicación por este mesmo medio antes das 18:00 horas de mañá mércores, co fin de proceder á comprobación e verificación dos datos e, se procede, á súa incorporación á relación definitiva de persoas distinguidas.

En base ao acordado pola Xunta Directiva e seguindo o criterio aplicado nas últimas edicións, os recoñecementos da presente tempada outorgaranse ás persoas asociadas que se atopen ao corrente cas súas obrigas coa Asociación e que cumpran algún dos seguintes requisitos:

  • Ser adestrador/a principal ou membro do corpo técnico dun equipo que acadase un ascenso de categoría en competicións de fútbol once.
  • Ser adestrador/a principal ou membro do corpo técnico dun equipo que acadase un campionato de liga en categorías de fútbol once.
  • Ser adestrador/a principal ou membro do corpo técnico dun equipo que resultase campión da Copa Deputación en calquera das categorías.

Así mesmo, infórmase de que aqueles adestradores e adestradoras de equipos que actualmente se atopen disputando fases de ascenso e que acaden o correspondente éxito deportivo serán distinguidos na Gala de Fin de Tempada de AFIADOR do vindeiro ano, ao terse adiantado a celebración da presente edición por motivos de axenda da convidada especial do acto.


ADESTRADORES ASOCIADOS QUE SERÁN DISTINGUIDOS

🏆 CAMPIÓN DA SUPERLIGA TURCA

GALATASARAY SK

  • Ismael García Gómez

🏆 ASCENSO A PRIMEIRA FEDERACIÓN

UD OURENSE

  • Borja Fernández Fernández
  • Héctor Otero Rodríguez
  • Juan Carballo Suárez
  • David Sotelo López
  • David González Muñoz

🏆 CAMPIÓNS DA COPA FEDERACIÓN

OURENSE CF

  • Dani Llácer Fernández
  • Edgar Ponce Mairena
  • José Alberto Caveda González
  • Daniel Portela Iglesias
  • José Manuel Rodríguez Morgade
  • Roberto Álvarez Méndez

🏆 ASCENSO A PREFERENTE GALICIA

VERÍN FÚTBOL CLUB

  • Vítor Manuel Ferreira Pereira

🏆 ASCENSO Á PRIMEIRA GALICIA

RAYO 21

  • Miguel Saa Souto

🏆 ASCENSO Á PRIMEIRA GALICIA

ATLÉTICO VILARIÑO

  • Héctor Conde González

🏆 ASCENSO Á SEGUNDA GALICIA

SPORTING VILAMARÍN

  • Marcos Alén Goris

🏆 ASCENSO Á SEGUNDA GALICIA

SPORTING CELANOVA B

  • Pablo Rodríguez Fernández

XUVENIL

🏆 ASCENSO Á LIGA NACIONAL XUVENIL

CENTED ACADEMY

  • Daniel Prado Gardón

🏆 ASCENSO Á PRIMEIRA XUVENIL

AD BOSCO

  • Elías Fernández Cuña

CADETE

🏆 ASCENSO Á DIVISIÓN DE HONRA CADETE

UD OURENSE

  • Daniel Carrera López
  • David Vázquez Diéguez

🏆 ASCENSO Á PRIMEIRA CADETE

A PEROXA CF

  • Miguel Ángel Montero Rodríguez

INFANTIL

🏆 ASCENSO Á DIVISIÓN DE HONRA INFANTIL

UD OURENSE

  • Fernando Currás Gallego

🏆 ASCENSO Á PRIMEIRA INFANTIL

CENTED ACADEMY

  • Rafael Torres Fernández

COPAS DEPUTACIÓN

🏆SÉNIOR

CENTED ACADEMY

  • Daniel Prado Gardón

🏆 CADETE

CENTED ACADEMY

  • Diego Torres Fernández

🏆 ALEVÍN

PABELLÓN CF

  • Enrique Javier Serantes Álvarez
  • Luís Miguel Álvarez Araújo

🏆 SEGUNDA ALEVÍN

PROMESAS BARBADÁS B

  • David Ramos Vázquez

🏆 PRIMEIRA BENXAMÍN

PABELLÓN CF

  • Abel Afonso Cao
  • Marcial González López

🏆 SEGUNDA BENXAMÍN

ACD POLÍGONO

  • Juan Suárez Acosta

🏆 PREBENXAMÍN

ED BARBADÁS

  • Pablo Campelo García

FÚTBOL FEMININO

🏆CAMPIÓN LIGA FRANCESA FEMININA

OLYMPIQUE LYONNAIS

  • Andrés González Gómez

🏆 ASCENSO Á SEGUNDA FEMININA

CENTED ACADEMY

  • Manuel J. López-Cerón Piñeiro

🏆 COPA ALEVÍN FEMININA

CLUB DEPORTIVO LA PURÍSIMA

  • David Valcárcel Valcárcel

FÚTBOL SALA

🏆 XUVENIL FEMININO – CAMPIONATO GALEGO

CIDADE DE OURENSE

  • Vanessa Barberá Martínez

🏆 CAMPIONATO GALEGO SUB-12

SELECCIÓN DE VIGO

  • Antonio Perera Cansado

🏆 INSIGNIA DE ORO DE LA ASOCIACIÓN

  • José Fernández Otero «Remigio»

Ourense, 2 de xuño de 2026.

A Xunta Directiva de AFIADOR
Asociación Ourensá de Adestradores de Fútbol